Mostrando entradas con la etiqueta AL e PT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AL e PT. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de junio de 2020

Discriminación R - L

Bo día nenas e nenos!

Hoxe quero compartir con vós  outra actividade de conciencia fonolóxica. Os sons R e L son moi parecidos e, ás veces, pódense confundir ao falar ou á hora de escribir.

Con esta actividade podemos practicar a pronunciación de ambos sons e aprender a distinguilos auditivamente.

Animádevos a intentalo! Xa me contaredes!

Unha aperta,

Clara.


martes, 2 de junio de 2020

Actividades interactivas: números e lóxica

Ola familias!!
Preséntovos un par de xogos interactivos para traballar a numeración e a lóxica cos pequenos/as da casa, dous aspectos moi importantes nesta etapa educativa. Premede nas imaxes para acceder.

https://clic.xtec.cat/projects/numeroes/jclic.js/index.html


Para as actividades de lóxica recoméndovos comezar por o nivel 1:
https://clic.xtec.cat/projects/logicaes/jclic.js/index.html

Un saúdo

miércoles, 27 de mayo de 2020

Nova actividade interactiva

Ola nenos e familias!

Quero deixarvos aquí unha presentación interactiva en galego, basada en Genially, na que debemos vestir a unha persona seguendo as instrucións orais que escoitaredes en cada unha das diapositivas. 
Ademáis de traballar a atención, tamén traballaremos a comprensión oral e a aprendizaxe de vocabulario.
Nos vos esquezades de acender os autofalantes ou subir o volume.

A divertirse!

Saúdos

viernes, 22 de mayo de 2020

CONCIENCIA SILÁBICA. PALABRAS CON "S"

Bo día a todos e todas! Bo día familias!

Hoxe tráiovos unha nova actividade de conciencia fonolóxica.
Continuamos coas actividades para identificar a sílaba inicial. Nesta ocasión, xogamos coas palabras que comezan pola letra "S".

Se xa sabes dicir por que sílaba comeza unha palabra, pero aínda non pronuncias ben o "S", anímate a facelo! Tamén se pode empregar para practicar!

Espero que vos guste! Unha aperta!

Clara.




















se












miércoles, 20 de mayo de 2020

Xogo: os peixiños

Ola familias,
Déixovos unha presentación interactiva, basada en Genially, para traballar as funcións executivas a través dunha táboa de dobre entrada na que hai que asociar os peixes coas cores correspondentes.

Premede na imaxe e a xogar!!!!

Saúdos

IDEAS para o traballo de MOTRICIDADE FINA

Ola familias,  
Hoxe quero deixarvos algunhas ideas para traballar a motricidade fina. Esta é unha das habilidades imprescindibles que debemos  fomentar nos pequenos da casa xa que é un requisito previo e necesario para a aprendizaxe da lectoescritura

As seguintes suxerencias son actividades lúdicas que podemos preparar con materiais que teñamos por casa.

Ánimo e a aprender xogando...



No seguinte taboleiro de Pinterest tamén atoparedes ideas e suxerencias para traballar esta habilidade.

lunes, 18 de mayo de 2020

Actividades de reforzo (Lóxica-matemática)

Ola familias e nenos,

Déixovos a continuación dúas actividades de lóxica-matemática para repasar os números. Son moi doadas, seguro que non tendes dificultade para facelas. Ánimo!

Premede nas imaxes para acceder

numeros 

 
numeros
 

Pautas e actividades de ATENCIÓN


Ola familias,
Coa finalidade de orientar e facilitar a actividade que estades a desenvolver na casa, ofrecemos algunhas pautas e actividades para traballar e potenciar a capacidade de atención

Premede no seguinte enlace



jueves, 14 de mayo de 2020

CONCIENCIA SILÁBICA. PALABRAS CON "M"

IDENTIFICO A SÍLABA INICIAL


Bo día a todos e todas!

Hoxe toca seguir traballando coa sílaba inicial das palabras. Teremos que identificar as palabras que empezan por MA - ME - MI - MO - MU. Xa veredes que divertido!!

Espero que vos guste!























Unha aperta!
Clara.

martes, 12 de mayo de 2020

XOGO DE MEMORIA

Ola de novo a todos e todas!!

Como andades de memoria? A memoria visual é moi importante para aprender a escribir ben as palabras, hai que entrenala de cando en vez para que mellore!

Aquí vos deixo un xogo moi sinxelo, animádesvos? Tedes que estar moi atent@s!


Unha aperta!

 Clara.

miércoles, 6 de mayo de 2020

CONCIENCIA FONOLÓXICA (II)


IDENTIFICAMOS A VOCAL INICIAL

Bo día chicos e chicas!

Que tal estades? 
Hoxe toca continuar co traballo de sílabas que comezamos a semana pasada. 
Nesta ocasión temos que identificar a vocal pola que empezan unha serie de palabras. 
Estades preparados e preparadas?? Ánimo!



Premede AQUÍ



Premede AQUÍ


Clara.

jueves, 30 de abril de 2020

AVISO


¿ME LO EXPLICAS?

Ola a todos e todas!!
Como estades? seguro que con moitas ganas de seguir xogando e aprendendo!

Hoxe quérovos deixar un xogo moi divertido co que traballaremos dúas cousas moi importantes:

  • A comprensión oral
  • O vocabulario relacionado con: 
    • O meu barrio
    • A miña aula
    • O meu cuarto
    • Os meus xoguetes



Para xogar premede AQUÍ

Disfrutádeo! E feliz ponte!!

Clara

miércoles, 29 de abril de 2020

XOGOS DE MESA PARA O DESENVOLVEMENTO DA ATENCIÓN



Bo día familias,

Nestra entrada queremos compartir convosco unha serie de xogos de mesa que favorecen o desenvolvemento de moitas capacidades, pero especialmente da atención.

Ademáis de compartir momentos lúdicos cos vosos fillos, estaremos traballando tamén aspectos básicos no seu desenvolvemento.
 
As idades recomendadas para os xogos son meramente orientativas. Que un xogo funcione ou non dependerá moito dos intereses do neno/a e do seu nivel madurativo (canto máis practiquen con este tipo de recursos máis fácil lles será adquirir a mecánica de novos xogos cada vez máis complexos). Nestas idades o nivel madurativo dos nenos é tan variado que o mellor é establecer quendas de xogo, para que non gañe sempre o máis rápido, ou establecer un límite de tempo para cada un.


No mercado atoparedes moitos outros xogos que favorecen o desenvolvemento da atención. Os que seleccionei son aqueles cos que traballei nalgún momento e foron ben recibidos polos nenos e nenas.



Premendo na imaxe accederedes a unha pequena guía coas instrucións básicas do xogo. Ao final do documento hai algún enlaces a xogos similares que se poden descargar da web. 

Neste caso debemos ter unha impresora na casa (preferiblemente a cor), cartulina e forro adhesivo. Trátase de imprimir as láminas, pegar en cartulina, recortar e forrar con forro adhesivo para que non se estropeen no primeiro uso. Todo este proceso de elaboración dun xogo tamén é unha boa actividade para compartir cos nenos. Eles pódennos axudar, e nada motiva máis que xogar con aquelo que fixemos coas nosas mans.



Saúdos


Xogos de atención

martes, 28 de abril de 2020

CONCIENCIA FONOLÓXICA

CONCIENCIA SILÁBICA

Ola a todos e todas! Bo día familias!

Quero compartir con vós unha actividade de conciencia fonolóxica, que é a capacidade de recoñecer e empregar os sons da fala. Considérase que é a base para aprender a ler!

Hoxe comezamos por unha actividade moi sinxela, tan só hai que contar as sílabas que ten cada palabra. Podes axudarte dando palmas!

Espero que vos guste!


Unha aperta!

Clara.

viernes, 24 de abril de 2020

UN DÍA MENOS


Boas tardes nenos e nenas... boas tardes familias

Acábanos de chegar algúns consellos do Oso Goloso que debemos ter en conta a partir do próximo luns, día no que xa poderemos sair a dar un pequeno paseo polas rúas da nosa cidade. Para ler o que nos ten que dicir simplemente tendes que premer na imaxe e poderedes descargar o documento.

Ánimo familias, e recordade o que di o Oso Goloso: "Un día máis é un día menos"

Saúdos

Mensaxe do Oso Goloso

Guías informativas


Hola familias,

   En esta situación tan especial en la que nos encontramos es probable que nos hayan surgido, como padres o madres, dudas relativas a cómo afrontar esta situación.

     A lo largo de estos días de confinamiento han ido surgiendo miles y miles de iniciativas de toda índole para hacer más llevaderos estos días de confinamiento. Los tutores/as de vuestros hijos/as suben todos los días actividades diversas para que los niños, en la medida de lo posible, no pierdan el ritmo ni los hábitos adquiridos. Sin embargo, es normal que surjan dificultades y que observéis comportamientos en los niños que hasta ahora no habíais notado, o que pasaban desapercibidos. 
Por esta razón, abrimos este espacio para que consultéis las dudas relativas a las dificultades que observáis en los niños. En función de las diferentes necesidades podremos subir recursos o juegos para profundizar en un determinado aspecto o contenido.

    Para empezar, quiero dejaros un par de guías con algo de información sobre cómo jugar con nuestros pequeños, como fomentar la autonomía, y algunas orientaciones sobre cómo afrontar las dificultades de atención que, muy probablemente, estéis notando estos días.
 
   Dicho material ha sido elaborado por el pedágogo y orientador escolar Jesús Jarque, creador de la página web https://familiaycole.com/. Pulsando sobre la imagen podréis acceder al contenido.

Espero que os sean de utilidad,
Saludos 

Jugar con los hijos

Autonomía

Dificultades de atención

lunes, 20 de abril de 2020

AL e PT

ACTIVIDADE DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Ola a todos e todas!!! Vos apetece xogar un pouco?

Con esta actividade ademais de divertinos traballaremos:

  • A discriminación auditiva de sons
  • Vocabulario relacionado coa escola, o barrio, os xoguetes e os animais da granxa.


Para xogar premede AQUÍ

Espero que vos guste! Unha aperta moi grande!

Clara.